Cargando Eventos

« Todos los Eventos

  • Este evento ha pasado.

IV CARREIRA POPULAR CONCELLO DE CASTRO DE REI

09/01/2022 - 10:30 | 13:00

10€

O Concello de Castro de Rei organiza a IV Carreira Popular Concello Castro de Rei. A proba celebrarase o vindeiro Domingo 9 de Xaneiro, con saída na Casa do Concello e discorrerá por vías da Deputación de Lugo. A meta será no Campo da Feira de Castro Riberas de Lea.

A Carreira cumprirá en todo momento coas recomendacións establecidas para eventos e actividades deportivas no contexto da nova normalidade provocada pola COVID-19, partindo do protocolo FÍSICOVID–DXT GALEGO da Federación Galega de Atletismo, certificado pola Secretaría Xeral para o Deporte, e en función da evolución da pandemia estará sometida, en todo caso, ao cumprimento das normas de prevención da COVID19 que establezan as autoridades sanitarias en cada momento. Polo que a organización, por causas de forza maior, reservaranse o dereito de realizar os cambios que sexan necesarios.

A saída da proba será no núcleo de Castro de Rei, dende a casa do Concello, e a meta en Castro Riberas de Lea. A organización poñerá a disposición dos participantes na proba un servicio de autobuses para trasladar aos deportistas dende o Pavillón municipal de Castro Riberas de Lea ata á saída na Casa do Concello de Castro de Rei.

Detalles

Fecha:
09/01/2022
Hora:
10:30 | 13:00
Precio:
10€
Categoría del Evento:
Web:
https://www.carreirasgalegas.com/carreira/iv-carreira-popular-concello-de-castro-de-rei/d8069908-eae2-36ec-d2b7-3a0026847e9a

Local

Castro de Rey
Lugo, España

Organizador

Concello de Castro de Rei