Cargando Eventos

« Todos los Eventos

  • Este evento ha pasado.

+ km Barreiros 2020

21/12/2020 - 08:00 | 31/12/2020 - 17:00

Nestas datas tan especiais, dende o Concello de Barreiros queremos sacar o maior potencial solidario da poboación e poñelo a disposición das persoas e familias máis vulnerables nos tempos de pandemia tan difíciles que estamos a vivir.

Desta pretensión mana o evento MaisKmsBarreiros, pois destinará a recadación íntegra das súas inscricións a prol das necesidades de emerxencia social do concello (alimentación, roupeiro,material escolar, etc).

Ademais deste aporte solidario, con este evento preténdese axudar dunha maneira simbólica aos establecementos locais do Concello de Barreiros que tras o impacto da pandemia se están vendo afectados.

Como? MaisKmsBarreiros propón que todos os seus inscritos/as, de forma conxunta, percorran un total de 6000 quilómetros, camiñando, correndo ou andando en bicicleta. De forma que, por cada km percorrido estarase sumando cincuenta céntimos ao valor económico total dos cheques regalo que serán sorteados para realizar compras nos establecementos asociados a esta iniciativa.

Dende logo, participar en MaisKmsBarreiros fai posible que en tempos da COVID-19 nos volvamos, se cabe, un pouco máis solidarias/os á vez que fomentamos que a poboación realice diariamente actividade física como estilo de vida saudable.

Detalles

Comienza:
21/12/2020 - 08:00
Finaliza:
31/12/2020 - 17:00
Categoría del Evento:
Web:
https://maiskmsbarreiros.com

Local

Concello de Barreiros
Barreiros, Lugo, Lugo España

Organizador

Concello de Barreiros