Cargando Eventos

« Todos los Eventos

  • Este evento ha pasado.

XII CARREIRA POPULAR CONCELLO DO CORGO. MEMORIAL QUIQUE CASANOVA.

16/10/2021 - 17:50 | 19:00

O Concello de O Corgo organiza a
, A proba organizarase o vindeiro , con saída e meta nas instalacións da Praia fluvial do Río
Chamoso do Concello de O Corgo.
Artigo 2: Participación:
A proba estará aberta a tódolos atletas, federados ou non, sen distinción de sexo ou nacionalidade. Cada atleta participa baixo a súa responsabilidade e dispón de unha condición física suficiente para rematar a proba.
A Carreira cumprirá en todo momento coas recomendacións establecidas para eventos e actividades deportivas no contexto da nova normalidade provocada pola COVID-19, partindo do protocolo FÍSICOVID–DXT GALEGO da Federación Galega de Atletismo, certificado pola Secretaría Xeral para o Deporte con data do 9 de xuño de 2021, e en función da evolución da pandemia estará sometida, en todo caso, ao cumprimento das normas de prevención da COVID19 que establezan as autoridades sanitarias en cada momento. Polo que a organización, por causas de forza maior, reservaranse o dereito de realizar os cambios que sexan necesarios.
Artigo 3: Percorrido, categorías, distancias e horarios: NOVO PERCORRIDO (adxúntase plano do percorrido)
O circuíto de 10.5 km será sobre terra na súa maioría e estará pechado a todos os vehículos agás os autorizados pola organización. O percorrido estará controlado por vehículos da organización. A saída da proba e a meta será na Praia fluvial do Río Chamoso.

Local

O corgo
Lugo, España

Organizador

Concello O Corgo