
- Este evento ha pasado.
XLII Carrera Pedestre San Martiño (Orense)
18/11/2018 - 11:00 | 13:00
7€
O prazo de inscrición é desde o 10 de outubro ata o 11 de novembro de 2018. Baixo ningún criterio se inscribirá a ningún corredor/a fóra deste prazo. As inscricións realizaranse a través da páxina web [www.deportesourense.com] facendo constar todos os datos requiridos no procedemento de inscrición.
O prazo de inscrición para optar á recollida anticipada de dorsal-chip e camiseta é ata o 3 de novembro de 2018
A cuota de inscrición será de 5€ desde 10 outubro ao 28 de outubro de 2018 e de 7€ desde o 29 ao 11 de novembro de 2018. Unha vez realizada a inscrición non se devolverá o seu importe.
MENORES
A inscrición será gratuíta e farase preferentemente a través dos colexios en [www.deportesourense.com]. De xeito individual, os corredores tamén se inscribirán na mesma páxina.
O prazo de inscrición para colexios é desde o 10 de outubro ata o 3 de novembro de 2018 e de xeito individual poderanse inscribir ata o 11 de novembro de 2018