Cargando Eventos

« Todos los Eventos

  • Este evento ha pasado.

C10 A Coruña

03/10/2021 - 08:00 | 17:00

A C10 está de volta; máis inclusiva e con novo percorrido polo porto da cidade

O Concello abre o vindeiro luns un novo prazo de inscrición ao ampliar o número de matrículas en 400 persoas participantes o que permitirá que 1.400 corredoras/es participen na carreira popular máis emblemática da cidade.

A concelleira de Deportes, Mónica Martínez presentou esta mañá xunto ao presidente da Federación Galega de Atletismo, Isidoro Hornillos, a carreira popular C10, que volve o vindeiro 3 de outubro ás rúas da cidade tras a pandemia. Deste xeito, dixo, a Coruña celebra a volta da carreira máis querida polas coruñesas e coruñeses. Será a décimo quinta edición dunha carreira que foi o inicio de todo o que representa hoxe en día este deporte na cidade.

A alcaldesa, Inés Rey, sinalou que unha das prioridades do Goberno local é potenciar o atletismo e as carreiras populares que fan que a cidade se posicione como un referente no mundo deportivo.

Detalles

Fecha:
03/10/2021
Hora:
08:00 | 17:00
Categoría del Evento:
Web:
https://www.coruna.gal/carreraspopulares/es/coruna42/carrera-popular-10-km?argIdioma=es

Local

A Coruña
A Coruña, España