Cargando Eventos

« Todos los Eventos

  • Este evento ha pasado.

San Silvestre Compostelá

31/12/2022 - 17:00 | 18:00
4€

O Concello de Santiago a través do seu departamento de deportes e a Federación Galega de Atletismo organizan a IX Edición da Carreira San Silvestre de Santiago de Compostela que terá lugar o 31 de decembro de 2022 a partir das 17:00 horas da tarde.

Poderán participar atletas federados e non federados. A idade mínima para poder tomar parte na proba será a de aqueles atletas nados/as no ano 2010. Os atletas menores de esa idade non poderán participar na proba, a organización non se fará responsable deles.

O control técnico das carreiras estará a cargo do Comité Galego de Xuíces da Federación Galega de Atletismo.

TODOS OS ATLETAS PARTICIPANTES NO CAMPIONATO DE GALICIA DE 5 KM EN RUTA DEBERÁN INSCRIBIRSE NA PROBA POPULAR SE DESEXAN TOMAR PARTE NOS PREMIOS POPULARES

SAÍDA: será a partir das 17:00 horas desde a Avenida de Xoan XXIII. A zona de meta estará ubicada na rúa de San Francisco. A continuación da Praza do Obradoiro.

Nesta edición de 2022, a carreira disputarase conxuntamente co CAMPIONATO DE GALICIA DE 5 KM EN RUTA, polo cal haberá caixóns de saída distribuídos por marcas, tendo preferencia os atletas que disputen o Campionato Galego.

LUGAR DE SAÍDA E META

A saída de todas as probas realizarase desde a Avenida de Xoan XIII.
A meta será na rúa San Francisco, a continuación da praza do Obradoiro.
INSCRICIÓNS: ata o martes 27 de decembro ás 23:59 horas.

RECOLLIDA DE DORSAIS: no Centro Comercial As Cancelas

29 de decembro de 16:00 a 20:30 horas
30 de decembro de 11:00 a 20:30 horas
31 de decembro de 11:00 a 13:30 horas

Detalles

Local

  • Santiago de Compostela
  • Santiago de Compostela, A Coruña España + Google Map

Organizador

  • Concello de Santiago